Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1299
Clasificación Genérica Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Pintura
Objeto/Documento Icona
Tipología/Estado De iconostasio
Autor/a Anónimo
Título Iconostase de quince follas
Conjunto Colección de iconas rusas
Materia/Soporte Soporte: Madeira Marrón
Elementos sustentados: Témpera [Cores: vermello, verde, branco e marrón]
Ouro Dourado
Preparación
Marco: Madeira [O marco en realidade é en realidade un panel forrado con veludo]
Veludo Vermello
Técnica Pintura a man alzada
Dourado
Dimensiones Icona: Profundidade = 2 cm; Altura = 52,30 cm; Anchura = 146,30 cm
Marco: Altura = 70,20 cm; Anchura = 165 cm
Descripción Políptico de perfil mixtilíneo con 15 follas, sete a cada lado dunha folla central que ten unha anchura dobre das outras, con cinco niveis de figuras, catro de santos e virxes e un coas Doce Festas. Nos extremos, a Virxe de Kazán e a Virxe da Silveira Ardente. Na folla central de arriba a abaixo: Virxe Theotokos, dous santos coroados (un deles é o rei Salomón), Crucifixión, Resurrección, Derradeira Cea, Anunciación e catro evanxelistas. As festividades que aparecen entre a Virxe de Kazán e a da Silveira Ardente son: a Presentación de Xesús no Templo, o Nacemento de Xesús, a Anunciación, a Presentación da Virxe no Templo, o Nacemento da Virxe, o Bautismo, a Transfiguración, a Exaltación da Cruz, Pentecostés, a Trinidade do Antigo Testamento e a Durmición da Virxe ou Koimese.
Iconografia Icona: Última Cea; Presentación da Virxe; Theotokos; Trindade do Antigo Testamento; Virxe da silveira ardente; Dormición ou Koimese; Exaltación da Santa Cruz; Festas do calendario ortodoxo; Virxe que mostra o Camiño (Odighitria); Virxe de Kazán; Anunciación da Virxe; Presentación de Xesús no Templo; Bautismo de Cristo; Nacemento de Xesús; Transfiguración; Rei Salomón; Nacemento da Virxe María; Pentecoste; Crucifixión; Evanxelistas; Resurrección
Datación 1850[ca] (Mediados do s. XIX)
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Europa Central e Oriental (Europa)
Uso/función Devocional
Descriptores Geográficos Europa Central e Oriental
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: A contemplación do invisible. Iconas rusas. Colección Santos - Illueca; programa de exposicións temporais sede Praterías, (do 13 xullo de 2016 ao 30 de decembro de 2016).
Clasificación Razonada As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións. Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Trátase dunha icona sinxela que formaba parte dun iconostasio que separa, nas igrexas ortodoxas, a parte pública daquel espazo accesible unicamente ao celebrante. Reproducen santos de gran devoción, santos patróns da zona así como as festas do calendario litúrxico ortodoxo.
Forma de Ingreso Depósito
Fecha de Ingreso 28/10/2013
Catalogación Cobas Macías, Cristina; Kollmeier, Korbinian; Rodríguez Martínez, Xoel
| más imágenes |

Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6